02.- Autorización para a obtención do permiso municipal de conductor asalariado a un vehículo adscrito a unha licenza municipal de taxi (S-CON-02)


Nivel 3. Iniciación electrónica.
Obxecto:
Mediante este procedemento o titular da licenza de taxi solicita a tarxeta de identificación de conductor do vehículo adscrito á mesma previo pago da taxa correspondente.
Forma de inicio:
Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar?:
O titular da licenza.
¿Como solicitalo?:
De forma presencial no Rexistro Xeral do Concello achegando a instancia debidamente cumprimentada e toda a documentación requirida para a tramitación do procedemento.

Por correo dirixido ao Rexistro Xeral do Concello incluíndo a instancia debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento

A través do Rexistro Telemático

Nos Rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración Xeral do Estado, á de calquera Adminstración das Comunidades Autónomas ou a algunha das entidades que integran a Administración Local se, neste último caso, se houbese suscrito o oportuno convenio

Nos demais supostos contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

Unidade tramitadora:
Servizo de Contratación.
¿Órgano que o resolverá?:
Mediante resolución do concelleiro delegado neste ámbito.
Prazo de tramitación:
Máximo 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Transcorridos tres meses sen que o concello comunique a resolución ao interesado entenderase desestimada por silencio administrativo a solicitude.
Recursos posibles:
Contra o acordo, que esgota a vía administrativa, poderase interponer recurso potestativo de reposición perante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, conforme o establecido no artigo 124 da Lei 39/2016 do 1 de outubro de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas; ou recurso contencioso-administrativo, previsto no artigo 46 da Lei 29/1998, de 13 de xullo reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, perante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación.

Contra a resolución do recurso de reposición, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do contencioso, no prazo de dous meses, se a resolución fose expresa, e de seis meses se esta fose presunta.
Tamén poderá utilizar, non obstante, outros recursos se o estimase oportuno
Tributos:
7,33 euros.

Tramitación presencial


Tramitación electrónica