|
01.- Concesión ou Renovación da licenza administrativa para a tenza de animais potencialmente perigosos (S-MAM-01)
-
Obtención da licenza administrativa para tenza dos animais de compañía potencialmente perigosos, para dar así cumprimento á esixencia legal establecida no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
-
Instancia de parte.
-
Calquera persoa que desexe conducir/levar un animal considerado potencialmente perigoso pola vía pública.
En concreto, as persoas que desexen conducir/levar pola vía pública cans que foran adestrados para a garda e defensa e os pertencentes ás razas seguintes: american stafforshire terrier, pit bull terrier, bullmastif, dobermann, dogo arxentino, dogo de Bordeos, dogo do Tíbet, fila brasileiro, mastín napolitano, presa canario, presa mallorquín (ca de bou), rottweiler, bull terrier, staffordshire bull terrier, tosa inu e akita inu, e mais as restantes razas que poidan determinarse na normativa estatal sobre animais potencialmente perigosos de obrigado cumprimento. Tamén serán considerados potencialmente perigosos os cruzamentos en primeira xeración destas razas ou os cruzamentos destas razas con outras.
-
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Tramitación telemática: Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas.
-
Servizo de Medio Ambiente.
-
Concellería Delegada de Salubridade Pública e Actividades Medioambientais.
-
Máximo 3 meses.
-
Positivo.
Non obstante, a licenza perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos no artigo 3.1 do Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
-
- Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.
- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.
- Calquera outro que se estime procedente.
-
Ordenanza fiscal nº 19 reguladora da taxa pola prestación de servizos relativos á posesión de animais de compañía e potencialmente perigosos.
-
Deberá iniciar os trámites no momento da adquisición do animal, ou cando desexe renovar a dita licenza. A licenza ten un período de vixencia de 5 anos.
-
- A licenza é persoal e intransferible, é dicir, é única para a persoa propietaria do can ou que o conduza pola vía pública. Polo tanto, se pasean o can máis dunha persoa deberán tramitar a licenza por separado cada un deles.
- A licenza deberá ser renovada cada cinco anos e perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos, coma por exemplo, non renovar anualmente o recibo do seguro.
Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:
1) Con bozo axeitado e homologado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros. 2) Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos. 3) Non pode levar máis de un can potencialmente perigoso ao mesmo tempo.
-
- ¿Quen debe tramitar a licenza?
A persoa, maior de idade, propietaria do can, e dado que a licenza é persoal e intransferible, calquera persoa que conduza o can polo vía pública terá que tramitar a correspondente licenza.
- ¿Onde se tramita a licenza?
No concello onde resida a/o propietaria/o do can.
|