|
02.- Alta rexistro de cans e animais potencialmente perigosos (S-MAM-02)
-
Rexistro dos animais de compañía potencialmente perigosos, para dar así cumprimento á esixencia legal establecida no artigo 6 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
-
Instancia de parte.
-
O propietario do animal e titular da licenza. As persoas propietarias de cans considerados como de raza perigosa teñen que inscribilos no concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can.
Antes de tramitar a inscrición do can debe tramitar a licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos. A licenza deberá ser solicitada no concello de residencia do interesado.
-
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Tramitación telemática: Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas.
-
Servizo de Medio Ambiente.
-
Concellería Delegada de Salubridade Pública e Actividades Medioambientais.
-
Máximo 3 meses.
-
Positivo.
-
- Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.
- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.
- Calquera outro que se estime procedente.
-
Ordenanza fiscal nº 19 reguladora da taxa pola prestación de servizos relativos á posesión de animais de compañía e potencialmente perigosos.
-
Incumbe ao titular da licenza a obriga de solicitar a inscripción no Rexistro dentro dos quince días seguintes á data de obtención da licenza.
-
- Será motivo de inscrición no rexistro municipal o traslado temporal ao termo municipal por un período superior a tres meses.
- O propietario ou titular dos animais potencialmente perigosos disporá dun prazo máximo de 15 días para comunicar: a morte (mediante certificado veterinario), venda, doazón, traslado, roubo (mediante denuncia), perda do animal, esterilización ou calquera variación nos datos do rexistro.
Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:
1) Con bozo axeitado e homologado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros. 2) Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos. 3) Non pode levar máis de un can potencialmente perigoso ao mesmo tempo.
-
- ¿Onde se tramita a inscrición do can?
No concello de residencia do animal, pese a que non sexa coincidente co concello de residencia do propietario do can. Exemplo: Se vostede está empadroado en Neda, tramitará a licenza en Neda, pero se o can o ten nunha casa en Narón, terá que inscribir o can neste concello.
|