Concello de Narón
11/12/18 5:40:03
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

03.- Comunicación rexistro animais potencialmente perigosos de baixas e outras circunstancias (S-MAM-03)


Nivel 3. Iniciación electrónica.
Obxecto:
Comunicación ou notificación ao rexistro da baixa (temporal/permanente), venta, perda, roubo, agresións, esterilizacións, cambios de enderezo do propietario e do animal ao rexistro municipal dos animais de compañía potencialmente perigosos, para dar así cumprimento legal ao establecido no artigo 6 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos e ao artigo 7 do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.
Forma de inicio:
Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar?:
O propietario do animal que tivese censado un animal no rexistro de animais de compañía potencialmente perigosos.
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas.


Unidade tramitadora:
Servizo de Medio Ambiente.
¿Órgano que o resolverá?:
Concellería Delegada de Salubridade Pública e Actividades Medioambientais.
Prazo de tramitación:
Máximo 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Positivo.
Recursos posibles:
- Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.

- Calquera outro que se estime procedente.

Tributos:
Ordenanza fiscal nº 19 reguladora da taxa pola prestación de servizos relativos á posesión de animais de compañía e potencialmente perigosos.
Prazo de presentación:
O propietario dun animal potencialmente perigoso deberá comunicar calquera variación dos datos do rexistro, no prazo de 15 días dende que se producise a modificación que proceda rexistrar, excepto nos incidentes de agresión, nos que a comunicación será inmendiata.

Tramitación presencial


Tramitación electrónica



   
 
Concello de Narón - Aviso legal