|
01.- Reposicion da legalidade urbanistica (S-DIS-01)
-
Tramitación de expediente de reposición da legalidade urbanística por:
- Obras e usos que carecen do título habilitante preceptivo* en curso de execución ou rematadas. - Obras e usos en execución ou rematadas, sen se axustar ás condicións sinaladas no título habilitante. * Licenza/Comunicación previa
-
De oficio.
-
Persoas físicas ou xurídicas
-
-Mediante a presentación perante o Rexistro xeral do modelo de solicitude de denuncia urbanística debidamente cumprimentada, con indicación das obras que se están a realizar, situación das obras (plano, esbozo, etc.), promotor das obras, etc.
Calquera outra información que se considere pertinente
A través de correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.
A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.
-
Servizo de Disciplina Urbanística.
-
O Alcalde- Presidente.
-
Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución, producirase a caducidade do procedemento. No suposto de que a infracción non prescribise, deberá iniciarse un novo procedemento.
-
- Recurso de reposición, no prazo de 1 mes a contar dende o día seguinte á data de recepción da notificación
- Recurso Contencioso-administrativo perante a Xurisdición Contenciosa-administrativa, no prazo de 2 meses.
- Calquera outro que o interesado estime oportuno.
-
1 ano dende a data de incoación do procedemento.
|