03.- Renovación da autorización de venda ambulante de produtos horto-frutícolas no Feirón de Santa Icía (S-FEM-03)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
As persoas interesadas poderán renovar a autorización necesaria para a instalación dun posto de venda ambulante para a venda de produtos horto-frutícolas no mercado mensual (Feirón de Santa Icía).
Forma de inicio:
A instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar?:
As persoas físicas que sexan propietarias ou teñan dereito de aproveitamento dalgún tipo de terra de labor na que produza as especies que se pretenden vender.
¿Como solicitalo?:
- Casa do Concello: Praza de Galicia, s/n, 15570, Narón.

- Por correo certificado dirixido ao Rexistro xeral do Concello incluíndo a instancia de solicitude debidamente cumprimentada e os documentos requiridos no procedemento.

- A través do rexistro telemático con DNI electrónico ou certificado dixital avanzado e recoñecido, coa documentación en formato dixital.

Unidade tramitadora:
Negociado de Feiras e Mercados.
¿Órgano que o resolverá?:
A Concellería Delegada de Feiras e Mercados.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Negativo.
Recursos posibles:
- Recurso de reposición no prazo dun mes dende a notificación da resolución.
- Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses.
- Calquera outro que se considere procedente.
Tributos:
Ordenanza Fiscal Nº 27 Reguladora da Taxa pola Utilización Privativa ou Aproveitamento Especial do Dominio Público Local.
Prazo máximo de resolución:
O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.

Tramitación presencial