07.- Xestion de baixas no padrón (S-EST-07)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Regular os trámites e requisitos necesarios para proceder á Alta no Padrón Municipal ou cambio de Enderezo dentro do termo municipal de Narón.
Forma de inicio:
Altas:
a) A instancia de parte, de acordo coas instrucións que se recollen nos artigos 1 a 5.1.3.1 da Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal, BOE número 71, de 24 de marzo de 2015 (Resolución 30/01/2015 en adiante).
b) De oficio, nos termos establecidos no artigo 5.1.3.2 da Resolución 30/01/2015

Expedientes de modificación ou cambios no Padrón:
De oficio ou a instancia de parte segundo se recolle nos artigos 5.3 a 5.3.5 da Resolución 30/01/2015.
¿Quen o pode solicitar?:
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.

Unidade tramitadora:
Negociado de Estatistica.
¿Órgano que o resolverá?:
A Alcaldía do Concello de Narón, sen prexuízo de que nalgún procedemento que polas súas circunstancias especiais deba obterse autorización por parte do Instituto Nacional de Estatística, a través do Consello de Empadroamento.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorios.
Recursos posibles:
Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
Tributos:
Ningún.
Prazo máximo de resolución:
3 meses, segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
Observacións:
É posible que para resolver determinados procedementos, este Negociado teña que acudir tanto a informes ou ditames emitidos por outras Administracións Públicas como o Consello de Empadroamento ou órganos da Administración autonómica, como a infomes dos propios Servizos municipais, como poida ser a Policía local.

A solicitude de Alta no Padrón de estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia de longa duración (ENCSARP) ou de estranxeiros que non teñen a obriga de renovar a súa inscrición padroal quedan suxeitos ás normas xerais que regulan tales procedementos e, en particular, ás instrucións ditadas para estes efectos na Resolución 30/01/2015.