Concello de Narón
11/12/18 5:13:41
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

01.- Xestion de altas e cambios no padrón (S-EST-01)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Rregular os trámites e requisitos necesarios para proceder á Baixa no Padrón Municipal do Concello de Narón, nos termos establecidos nos artigos 5.2 e seguintes da Resolución de 30 de xaneiro de 2015 da Presidencia do Instituto Nacional de Estadística e da Dirección Xeral de Coordinación de competencias coas Comunidades Autónomas e as Entidades locais, sobre instrucións técnicas aos concellos sobre xestión do Padrón municipal.

Forma de inicio:
De oficio: como consecuencia das comunicacións recibidas polo INE ou como consecuencia dos traballos realizados polo Negociado de Estatística do Concello de Narón.

A instancia de parte: mediante solicitude de incoación de expediente de baixa por inscrición indebida dun habitante ao incumplir o establecido no art. 54 do Regulamento de Poboación e Demarcación territorial das entidades locais.
No caso de estranxeiros, ou os seus fillos aínda que teñan nacionalidade española, estes poden solicitar a baixa por cambio de residencia cando abandonen España, segundo se establece no artigo 5.2.1 da Resolución de 30 de xaneiro de 2015.

¿Quen o pode solicitar?:
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.

Unidade tramitadora:
Negociado de Estatistica.
¿Órgano que o resolverá?:
A Alcaldía do Concello de Narón, sen prexuízo de que nalgún procedemento que polas súas circunstancias especiais deba obterse autorización por parte do Instituto Nacional de Estatística, a través do Consello de Empadroamento.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Estimatorios.
Recursos posibles:
Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
Tributos:
Ningún.
Prazo máximo de resolución:
O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
Observacións:
É posible que para resolver determinados procedementos, este Negociado teña que acudir tanto a informes ou ditames emitidos por outras Administracións Públicas como o Consello de Empadroamento ou órganos da Administración autonómica, como a infomes dos propios Servizos municipais, como poida ser a Policía local.
   
 
Concello de Narón - Aviso legal