|
05.- Renovación e caducidade das inscricións padroais de estranxeiros non comunitarios (ENCSARP) (S-EST-05)
-
O obxecto deste procedemento é regular os trámites e requisitos a cumplir para proceder á renovación ou, no seu caso, a caducidade de inscricións padroais dos estranxeiros non comunitarios sen autorización de residencia de longa duración.
-
De oficio ou a instancia de parte nos termos recollidos no artigo 6 da Resolución 30/01/2015.
-
O interesado no devandito procedemento sempre que conte con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante), ou no seu caso por medio de representante.
-
De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Por medios electrónicos: No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.
-
Negociado de Estatística.
-
A renovación da inscrición non require ningún acto expreso de funcionario ou autoridade municipal, xa que a dita renovación é unha ratificación dos que xa constan no Padrón. Non obstante o procedemento para acordar as baixas por caducidade das inscricións dos ENCSARP será mediante Resolución motivada do Alcalde ou persoa en quen delegue nos termos recollidos no artigo 6, párrafo 8 da Resolución 30/01/2015.
-
Estimatorios.
-
Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
-
Ningún.
-
O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
|