Concello de Narón
11/12/18 5:50:32
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

02.- Emisión certificados empadroamento (S-EST-02)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
O obxecto deste procedemento é regular a expedición de certificados de empadroamento.
Forma de inicio:
A instancia de parte, de acordo coas instrucións recollidas nos artigos 8.1.1 e seguintes da Resolución 30/01/2015.
¿Quen o pode solicitar?:
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante), ou ben nos casos de cesión de datos padroais a outras Administracións Públicas mediante solicitude realizada en tempo e forma de acordo coas instrucións do artigo 8.2 e seguintes da Resolución 30/01/2015.
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Oficia de asistencia en materia de rexistros sita no Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Por medios electrónicos:
No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.

Unidade tramitadora:
Negociado de Estatística.
¿Órgano que o resolverá?:
As certificacións expediranse por orde do Alcalde e co seu visto e prace, segundo se recolle no artigo 205 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades locais.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorios.
Recursos posibles:
Contra a denegación da expedición da certificación mediante Resolución de Alcaldía ou no seu caso do Concelleiro delegado na materia podería dar lugar ao Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
Tributos:
Ningún.
Prazo máximo de resolución:
15 dias aproximadamente, dende a solicitude, sen prexuízo do prazo máximo establecido na Lei 39/2015.

Tramitación presencial


Documentación complementaria á solicitude



   
 
Concello de Narón - Aviso legal