|
04.- Comprobación periodica residencia extranxeiros (Non ENCSARP) (S-EST-04)
-
Regular os trámites e requisitos a cumplir para proceder á comprobación periódica de inscricións padroais dos estranxeiros que non teñen a obriga de renovar a súa inscrición padroal cada dous anos.
-
De oficio ou a instancia de parte nos termos recollidos no artigo 7 da Resolución 30/01/2015.
-
O interesado no devandito procedemento sempre que conte con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante), ou no seu caso por medio de representante.
-
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Por medios electrónicos: No Rexistro Xeral electrónico habilitado polo Concello de Narón, seguindo as instrucións marcadas e de acordo coas normas xerais especificadas nos artigos 9 e seguintes da LPACAP.
-
Negociado de Estatistica.
-
A confirmación da súa residencia non require ningún acto expreso de funcionario ou autoridade municipal, xa que a dita comprobación pode realizarse por medio de escrito do propio interesado ou ben se poden utilizar outros medios para efectuar as devanditas comprobacións por medio da Policía local, funcionarios municipais, etc. Non obstante, cando a dita residencia non poida ser comprobada incoarase expediente de Baixa de oficio segundo dita o artigo 72 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das entidades locais.
-
Estimatorios.
-
Recurso potestativo de reposición nos termos recollidos nos artigos 123 e 124 da LPACAP, sen prexuízo de que no seu caso poida interpoñerse o recurso extraordinario de revisión. Así mesmo, poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo de acordo co establecido na Lei 29/1998 reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (LJCA en adiante), así como calquera outro que o interesado estime pertinente.
-
Ningún.
-
O que dite a normativa reguladora de cada procedemento, e en todo caso no prazo máximo de 3 meses segundo establece o artigo 21 da LPACAP, sen prexuízo dos casos de suspensión ou ampliación do prazo máximo para resolver e notificar segundo se establece nos artigos 22 e 23 da LPACAP.
|