|
03.- Solicitude de acceso á información (Lei de transparencia) (TRA-01)
-
A través deste procedemento a persoa interesada pode exercer o seu dereito de acceso á información nos termos previstos no artigo 105.b da Constitución Española
-
Solicitude dos interesados
-
Persoas físicas ou xurídicas
-
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Tramitación telemática: Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
-
Rexistro xeral e unidade administrativa destinataria.
-
A competencia corresponde ao Alcalde
-
A resolución en que se conceda ou denegue o acceso deberáselles notificar ao solicitante e aos terceiros afectados que así o solicitasen no prazo máximo dun mes desde a recepción da solicitude polo órgano competente para resolver.
Este prazo poderase ampliar por outro mes no caso de que o volume ou a complexidade da información que se solicita así o fagan necesario e logo de notificación ao solicitante. (artigo 20 da Lei 19/2013),
-
Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que se ditase e notificase resolución expresa, entenderase que a solicitude foi desestimada.
-
A reclamación perante o Valedor do Pobo. de acordo coa previsión establecida poa Disposición Adicional Quinta da Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno( A resolución da reclamación prevista no artigo 24 da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, corresponderá, no suposto de resolucións dictadas polas entidades locais de Galicia, ao Valedor do Pobo), e terá a consideración de substitutiva dos recursos administrativos, de conformidade co disposto no artigo 112.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.
Non obstante o disposto no punto anterior, contra as resolucións ditadas só caberá a interposición de recurso contencioso-administrativo.
|