09.- Licenza de instalación de terrazas dos locais de hostalaria (S-URB-09)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Licenzas que permiten a instalación e funcionamento de terrazas, con ou sen pechamento estable, dos locais de hostalaría, tanto no solo público coma no solo privado.
Forma de inicio:
Instancia de parte
¿Quen o pode solicitar?:
O titular da licenza do establecemento, segundo o establecido no art. 28 da Ordenanza municipal reguladora das terrazas dos locais de hostalaría.
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón
Unidade tramitadora:
Servizo de Obras e Urbanismo
¿Órgano que o resolverá?:
Concelleiro-Delegado de Urbanismo (según resolución da Alcaldía de data 02/07/2015, publicada no BOP o 10/07/2015).
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Negativo, en base ó art. 30.5 da Ordenanza municipal.
Recursos posibles:
Recurso de reposición previo ó contencioso contra a liquidación, e recurso potestativo de reposición e/ou contencioso-administrativo contra o acto administrativo.
Tributos:
Ordenanza fiscal núm. 27 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.
Prazo máximo de resolución:
2 meses, segundo o establecido no art. 30.5 da Ordenanza municipal.
Observacións:
As que determinen os servizos técnicos municipais.

Tramitación presencial