|
01A.-Declaración responsable de actividades recreativas e espectáculos públicos sen obras previas(S-URB-01-1)
-
Documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento do Concello os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercizo dun dereito ou o inicio dunha actividade recollida no Catálogo de actividades recreativas e espectáculos públicos que non precise de licenza según o establecido no art. 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, modificada pola Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia,así como o establecido na Ordenanza reguladora do procedemento de intervención administrativa na execución de obras e no exercicio de actividades e servizos no termo municipal de Narón
-
Instancia de parte
-
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
-
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Tramitación telemática: Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
-
Servizo de Obras e Urbanismo
-
A Alcaldía da a súa conformidade á instalación en base ós informes técnicos e xurídicos.
-
Positivo, sempre que cumpra con tódolos requisitos esixidos, agás nos supostos nos que unha norma con rango de lei por causas xustificadas de interese xeral ou norma de dereito comunitario establezan o contrario. En ningún caso entenderanse adquiridos dereitos en contra do disposto na lexislación e o plan vixente.
-
Recurso potestativo de reposición ou alternativamente o contencioso-administrativo.
-
Ordenanza fiscal núm. 12 reguladora da taxa por licenza de apertura e verificación de establecementos e Ordenanza fiscal núm 11 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
-
3 meses.
-
3 meses.
-
Actividades clasificadas no Catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 292/2004, do 18 de novembro, modificado polo Decreto 160/2005, do 2 de xuño, e que non precisen de licenza municipal segundo o establecido no artigo 41 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, modificada pola Lei 10/2017 do 27 de decembro de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia; é dicir, aquelas NON comprendidas nos seguintes supostos:
a) A apertura de establecemento abertos ao público cunha capacidade superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor. b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública, anexas ao establecemento aberto ao público. c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable. d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que deban dispoñer de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial aplicable e) A celebración dos espectáculos públicos e das actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza. f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica. g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica exixa a concesión de licenza ou autorización.
-
Información básica sobre Protección de Datos | Responsable | Concello de Narón | Finalidade | Solicitude de servizos de carácter obrigatorio | Lexitimación | - Cumprimento dunha obrigación legal aplicable tanto a petición do intresado como por actuación de oficio
| Destinatarios | - Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
- Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
| Dereitos | Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional | Información adicional | Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección: https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades |
|