|
02A.- Comunicación previa de actividades sen avaliacion ambiental sen obras previas(S-URB-02-1)
-
Documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento do Concello os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercizo dun dereito ou o inicio dunha actividade non sometida a incidencia ambiental de acordo co Católogo recollido no Anexo da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia modificado e interpretado polo Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, nin estean recollidas no Catálogo de actividades recreativas e espectáculos públicos, nin sometidos a Autorización ambiental integrada nin a Avaliación de impacto ambiental.
-
Instancia de parte
-
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
-
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón Praza de Galicia s/n 15570- Narón
Tramitación telemática: Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
-
Servizo de Obras e Urbanismo
-
No caso de realizarse a visita de comprobación favorable polos servizos técnicos municipais, a Alcaldía dará conformidade á instalación.
-
Positivo, sempre que cumpra con tódolos requisitos esixidos, agás nos supostos nos que unha norma con rango de lei por causas xustificadas de interese xeral ou norma de dereito comunitario establezan o contrario. En ningún caso entenderanse adquiridos dereitos en contra do disposto na lexislación e o plan vixente.
-
Recursos contra o acto administrativo de visita de comprobación: Recurso potestativo de reposición ou alternativamente o contencioso-administrativo.
-
Ordenanza fiscal núm. 12 reguladora da taxa por licenza de apertura e verificación de establecementos e Ordenanza fiscal núm 11 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
-
3 meses.
-
As consideradas polos servizos técnicos municipais.
-
Información básica sobre Protección de Datos | Responsable | Concello de Narón | Finalidade | Solicitude de servizos de carácter obrigatorio | Lexitimación | - Cumprimento dunha obrigación legal aplicable tanto a petición do intresado como por actuación de oficio
| Destinatarios | - Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
- Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
| Dereitos | Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional | Información adicional | Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección: https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades |
|