Autorización para a comercialización da marca rexistrada "Tarta de Narón" (A-TUR-02)


Nivel 4. Tramitación  electrónica.
Obxecto:
Obter a autorización para a comercialización da marca rexistrada "Tarta de Narón" nun punto de venda
Forma de inicio:
A instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar?:
As persoas físicas ou xurídicas interesadas en utilizar a marca "Tarta de Narón" e que cumpran os requisitos establecidos.
¿Como solicitalo?:


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Negociado de Turismo
¿Órgano que o resolverá?:
Alcaldía do Concello de Narón.
Prazo de tramitación:
Máximo 6 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio.
Recursos posibles:
Recurso de reposición previo ao contencioso administrativo
Observacións:
CONDICIÓNS DE USO
Artigo 8. Uso da Marca
1. A Marca só poderá ser utilizada polas persoas físicas ou xurídicas autorizadas expresamente, nas condicións e forma específica que se sinalen na autorización e para o produto autorizado.
2. A reprodución da Marca deberá axustarse con exactitude ás características gráficas coas que foi rexistrada, debendo adecuarse ao modelo e condicións técnicas e gráficas contempladas no Manual de identidade e uso da marca.
3. A autorización de uso non substituirá o cumprimento dos requisitos e exixencias que a lexislación vixente estableza para a produción, elaboración, distribución e/o venda de produtos autorizados.
4. Do cumprimento das medidas indicadas no parágrafo anterior, será único responsable o establecemento autorizado.
Artigo 9. Uso efectivo da Marca
1. A Marca non poderá ser utilizada de maneira que puída causar descrédito, prexudicar a súa reputación ou inducir a
erro aos seus consumidores sobre as características do produto ao que se aplique.
2. Os usuarios da Marca non poderán usar ou solicitar a inscrición, en ningún país, dun signo idéntico ou semellante o
que, de calquera maneira, puída inducir a error, confusión ou aproveitamento da fama e reputación da Marca.
Artigo 10. Cesión
A Marca só poderá ser utilizada pola persoa física ou xurídica que conta coa correspondente autorización do Concello
de Narón. Os dereitos que se derivan da mesma non poderán ser cedidos, salvo autorización expresa do Concello de Narón.
Artigo 11. Vixencia
A autorización de uso da Marca terá a duración estipulada na resolución de concesión do seu uso e permanecerá ixente sempre que a persoa física ou xurídica autorizada manteña inalteradas as condicións e o cumprimento dos requisitos, conforme os cales, concedeuse a autorización de uso.
Artigo 12. Extinción do dereito de uso
O dereito de uso da Marca extinguirase no caso de concurso de acredores, quebra, liquidación, fusión, absorción, cesión de fondo de comercio ou algún dos seus elementos, da persoa física ou xurídica autorizada. Esta última non poderá dar como garantía o dereito de uso que lle corresponde sobre a Marca, nin tampouco poderá ser embargado ou ser obxecto doutras medidas de execución.
Artigo 13. Obrigacións da persoa física ou xurídica autorizada
Empregar o distintivo da Marca nas condicións establecidas no presente Regulamento e no Manual de identidade e uso
da marca aprobado polo Concello de Narón.
Artigo 14. Publicidade
Corresponderalle unicamente ao Concello de Narón a realización das campañas de publicidade e promoción da Marca,
debendo as persoas autorizadas para o seu uso absterse de realizar actos publicitarios ou promocionais da Marca, sen o
consentimento expreso deste.



Manual de imaxe da marca "Tarta de Narón"

Para máis información: 981 337700, extensións: 1204.




Política de protección de datos:
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter non obrigatorio
Lexitimación
  • Execución de un contrato
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
  • Actuacións a petición do interesado
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Tramitación electrónica