42. Axudas PEL-REACTIVA: fondo de financiamento para a reactivación económica e social da provincia da Coruña.


Nivel 4. Tramitación  electrónica.
Obxecto:
Axudas do Concello de Narón ao amparo de PEL REACTIVA, Fondo de financiamento promovido pola Deputación da Coruña para a reactivación económica e social. Coa finalidade de impulsar a actividade económica e o emprego no termo municipal e contribuír a paliar na medida do posible os danos derivados da pandemia da COVID-19, nas microempresas e autónomos/as.
Forma de inicio:
Convocatoria pública.
¿Quen o pode solicitar?:
Microempresas e persoas traballadoras por conta propia ou autónomas, que reúnan os requisitos esixidos no punto 4.2 das bases reguladoras destas axudas e se atopen nalgún dos seguintes supostos:

-Grupo I: Que se visen afectados polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

-Grupo II: Que non se visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma. Cando a persoa física ou xurídica non leve de alta os seis meses naturais esixido para a acreditar a redución dos ingresos, a valoración levarase a cabo tendo en conta o período de actividade.

-Grupo III: Que se viran na obriga de acollerse a un ERTE (Expediente de Regulación Temporal de Emprego), nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.
¿Como solicitalo?:
Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Servizo Sociocomunitario
Prazo de presentación:
Desde o 6 de novembro ata as 14:00 horas do 25 de novembro de 2020.
¿Órgano que o resolverá?:
Alcaldía ou órgano en que delegue
Prazo de tramitación:
O prazo máximo de resolución do procedemento será de 6 meses desde a data en que finalice o prazo de presentación das solicitudes.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Desestimatorio
Recursos posibles:
Recurso contencioso-administrativo e potestativo de reposición
Observacións:
INSTRUCIÓNS A TER EN CONTA PARA AS SOLICITUDES DAS AXUDAS PEL REACTIVA-CONCELLO DE NARÓN

ACLARACIÓN DO CONCEPTO DE SOCIEDADE CIVIL CON PERSONALIDADE XURÍDICA


Resolución de concesión/desestimación provisional, renuncia e non admisión a trámite de axudas Solicitadas ao abeiro do Programa PEL-REACTIVA


Resolución de concesión/desestimación definitiva, renuncia e non admisión a trámite de axudas Solicitadas ao abeiro do Programa PEL-REACTIVA (BOP Nº 65 - Venres, 09 de abril de 2021)


Modelo de cartel para cumprimento da obriga de publicidade


Resolución de aprobación da xustificación de subvencións concedidas ó abeiro do Programa PEL-REACTIVA

Para máis información: 981 337700, extensións: 1114, 1123 e 1126.




Política de protección de datos:
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter non obrigatorio
Lexitimación
  • Execución de un contrato
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable
  • Actuacións a petición do interesado
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades