02B.- Comunicación previa de actividades sen avaliacion ambiental con obras previas(S-URB-02-2)


Nivel 4. Tramitación  electrónica.
Obxecto:
Documento mediante o que os interesados poñen en coñecemento do Concello os seus datos identificadores e demais requisitos esixibles para o exercizo dun dereito ou o inicio dunha actividade non sometida a incidencia ambiental de acordo co Católogo recollido no Anexo da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia modificado e interpretado polo Decreto 144/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento único de regulación integrada de actividades económicas e apertura de establecementos, nin estean recollidas no Catálogo de actividades recreativas e espectáculos públicos, nin sometidos a Autorización ambiental integrada nin a Avaliación de impacto ambiental.
Forma de inicio:
Instancia de parte
¿Quen o pode solicitar?:
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora:
Servizo de Obras e Urbanismo
¿Órgano que o resolverá?:
No caso de realizarse a visita de comprobación favorable polos servizos técnicos municipais, a Alcaldía dará conformidade á instalación.
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Positivo, sempre que cumpra con tódolos requisitos esixidos, agás nos supostos nos que unha norma con rango de lei por causas xustificadas de interese xeral ou norma de dereito comunitario establezan o contrario. En ningún caso entenderanse adquiridos dereitos en contra do disposto na lexislación e o plan vixente.
Recursos posibles:
Recursos contra o acto administrativo de visita de comprobación: Recurso potestativo de reposición ou alternativamente o contencioso-administrativo.
Tributos:
Ordenanza fiscal núm 11 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos.
Prazo máximo para a inspeción e notificación de conformidade:
3 meses.
Observacións:
As consideradas polos servizos técnicos municipais.
Política de protección de datos:
Información básica sobre Protección de Datos
Responsable Concello de Narón
Finalidade Solicitude de servizos de carácter obrigatorio
Lexitimación
  • Cumprimento dunha obrigación legal aplicable tanto a petición do intresado como por actuación de oficio
Destinatarios
  • Non se cederán datos a terceiros, salvo obligación legal
  • Non están previstas transferencias internacionais dos datos.
Dereitos Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como explicase na información adicional
Información adicional Pode consultar a información adicional e detallada sobre Protección de Datos na seguinte dirección:
https://naron.transparencialocal.gob.es/es_ES/rexistro-de-actividades

Tramitación presencial


Tramitación electrónica