Concello de Narón
11/12/18 5:14:39
Sede electrónica>Catálogo de servizos>Información do trámite

14.- Ocupacion via pública con guindastre (S-URB-14)


Nivel 2. Descarga de formularios.
Obxecto:
Licenzas que permiten a utilización privativa temporal ou aproveitamento especial do dominio público local.
Forma de inicio:
Instancia de parte
¿Quen o pode solicitar?:
Calquera interesado con capacidade de obrar, nos termos establecidos nos artigos 3 a 8 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP en adiante).
¿Como solicitalo?:
De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón
Unidade tramitadora:
Servizo de Obras e Urbanismo
¿Órgano que o resolverá?:
Concelleiro delegado de Urbanismo
Prazo de tramitación:
3 meses
¿Que efectos ten o silencio administrativo?:
Unha vez que transcorra o prazo sen comunicar ningún acto, entenderase denegada por silencio administrativo, de conformidade co disposto no art. 24 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Recursos posibles:
Recurso potestativo de reposición no prazo dun mes a partir do día seguinte á notificación da resolución ou alternativamente Contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de 2 meses a partir do día seguinte á notificación da resolución.
Cualquera outro que se considere procedente.
Tributos:
Ordenanza fiscal núm. 27 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local.

Tramitación presencial



   
 
Concello de Narón - Aviso legal