14/06/2025 04:54:00

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



18.- Expedientes Pensions non Contributivas (Xubilacion) (S-SOC-18)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formularios

Nivel de modernización 2. Descarga de formularios

Información
Obxecto Solicitar pensión non contributiva de xubilación.
Forma de inicio Solicitude do interesado segundo o modelo normalizado BS650G da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Quen o pode solicitar? Cidadáns españois e nacionais doutros países con residencia legal en España que cumpran os requisitos indicados no seguinte apartado e teñan fixada a súa residencia no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

1) As persoas solicitantes non poderán ter ingresos superiores á contía anual establecida para a pensión non contributiva e en caso de convivencia con familiares de ata o segundo grao de consanguinidade non superar o límite de ingresos establecido segundo a súa unidade de convivencia.
2) Ter 65 anos ou máis.
3) Residir en territorio español e telo feito durante un período de 10 anos no período que media entre a data de cumprimento dos 16 anos e a de devengo da pensión, dos cales 2 teñen que ser consecutivos e inmediatamente anteriores á data de solicitude.
Requisitos
¿Como solicitalo? A través dos servizos sociais municipais, por medio de instancia a presentar no Rexistro Xeral do Concello que tralo informe emitido pola traballadora social correspondente e o acompañamento dos documentos necesarios se remitirá á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Tamén se pode solicitar a través de tramitación en liña desde a Sede electrónica da Xunta de Galicia ou de xeito presencial nas Xefaturas territoriais da Consellería de Política Social.


De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón


Tramitación telemática:
Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Unidade tramitadora Os trámites municipais levaranse a cabo desde o Servizo Sociocomunitario municipal, que remitirá a solicitude coa documentación necesaria á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
¿Órgano que o resolverá? Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Prazo de tramitación 3 meses.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Desestimatorio.
Recursos posibles Recurso de Alzada e recurso contencioso-administrativo.
Tributos