18/06/2025 19:35:14

Realiza as túas xestións

co Concello de Narón

Sen limitacións horarias, sen desprazamentos, de forma rápida e segura.

> Inicio > Información do procedemento



01.- Expedición ou renovación de licenza administrativa para a tenza de animais potencialmente perigosos (S-MAM-01)



Nivel de modernización 1. InformaciónNivel de modernización 2. Descarga de formulariosNivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Nivel de modernización 3. Iniciación electrónica

Información
Obxecto Obtención da licenza administrativa para tenza dos animais de compañía potencialmente perigosos, para dar así cumprimento á esixencia legal establecida no artigo 3 da Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Forma de inicio Instancia de parte.
¿Quen o pode solicitar? A persoa, maior de idade, propietaria do can, e dado que a licenza é persoal e intransferible, calquera persoa que desexe conducir/levar o can pola vía pública terá que tramitar a correspondente licenza. En concreto, as persoas que desexen conducir/levar pola vía pública cans que foran adestrados para a garda e defensa e os pertencentes ás razas seguintes: American Stafforshire Terrier, Pit Bull Terrier, Bullmastif, Dobermann, Dogo Arxentino, Dogo de Burdeos, Dogo do Tíbet, Fila Brasileiro, Mastín Napolitano, Presa Canario, Presa Mallorquín (Ca de Bou), Rottweiler, bull terrier, Staffordshire Bull Terrier, Tosa Inu e Akita Inu; así como os cruces en primeira xeración destes, cruces destas razas entre sí ou cruces destes con outras razas, obtendo unha tipoloxía similar a algunha das razas anteriormente descritas.
¿Como solicitalo? No concello onde resida a/o propietaria/o do can.

De forma presencial:
Rexistro Xeral do Concello de Narón
Praza de Galicia s/n
15570- Narón

Tramitación telemática:

Na sede electrónica seguindo as instrucións marcadas
Prazo de presentación Todo o ano. Deberá iniciar os trámites no momento da adquisición do animal, ou cando desexe renovar a dita licenza. A licenza ten un período de vixencia de 5 anos.
Unidade tramitadora Servizo de Medio Ambiente.
¿Órgano que o resolverá? Concellería Delegada de Medio ambiente e Sanidade.
¿Que efectos ten o silencio administrativo? Positivo. Non obstante, a licenza perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos no artigo 3.1 do Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.
Recursos posibles - Recurso de reposición no prazo dun mes desde a notificación da resolución.

- Recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso no prazo de dous meses.

- Calquera outro que se estime procedente.

Tributos Ordenanza fiscal nº 19 reguladora da taxa pola prestación de servizos relativos á posesión de animais de compañía e potencialmente perigosos.
Prazo de tramitación Máximo 3 meses.
Observacións - A licenza é persoal e intransferible, é dicir, é única para a persoa propietaria do can ou que o conduza pola vía pública. Polo tanto, se pasean o can máis dunha persoa deberán tramitar a licenza por separado cada un deles.

- A licenza deberá ser renovada cada cinco anos e perderá a súa vixencia no momento en que o seu titular deixe de cumprir calquera dos requisitos establecidos, coma por exemplo, non renovar anualmente o recibo do seguro.

Lembre que debe levar o seu can pola rúa ou lugares públicos do seguinte xeito:

1) Con bozo axeitado e homologado, atado con cadea ou correa non extensible de lonxitude non superior a 2 metros.
2) Debe levar a licenza municipal e a certificación acreditativa do animal no rexistro de animais potencialmente perigosos.
3) Non pode levar máis de un can potencialmente perigoso ao mesmo tempo.